EULER.

IMAXES SOBRE EULER

   Leonhard Euler naceu o 15 de abril de 1707 cerca de Basilea (Suíza), e morreu o 18 de setembro de 1783 en San Petesburgo.

   Seu pai era un pastor protestante que desexaba ser sucedido no púlpito polo fillo. 

   Foi un xoven precoz, dotado cun don especial para  a aprendizaxe das linguas e unha memoria extraordinaria. A súa capacidade de cálculo era prodixiosa, sendo quen de realizar complicadas contas sen utilizar lapis nin papel.

   Ós 14 anos, ó entrar na Universidade de Basilea, atopou o seu máis famoso profesor: Johann Bernouilli.

   A súa educación universitaria non se dedicou ás matemáticas . Tratou sobre o tema da temperanza, escribiu  sobre a historia da lei e finalmente rematou a licenciatura en filosofía. Despois, cumprindo o seu aparente destino, ingresou na escola de teoloxía para converterse en pastor.

   Pero a chamada das matemáticas foi tan forte que deixou o ministerio para outros e decidiu facerse matemático. O seu progreso foi rápido.

   En 1727 entrou na Academia de San Petesburgo, chamado por Daniel Bernouilli (fillo de Johann), sendo asignado á sección de física. Tempo despois, ante a marcha do seu amigo, ocuparía Euler a praza de matemáticas da que Daniel estivera encargado.

   Na Academia de San Petesburgo dedicou un importante esforzo á investigación, pero estaba tamén a disposición do estado. Exercía de asesor científico do goberno, e desenvolvendo esta función, preparaba mapas, asesoraba á armada rusa e ata intentaba deseños de bombas contra incendios. Escribiu tamén innumerables artigos para a revista da Academia.

   En 1741 trasladouse a Alemaña, aceptando a oferta de Federico o Grande de Prusia. Durante vintecinco anos viviu en Berlín. En 1966, volvería definitivamente a San Petesburgo.

   Euler foi tan prolífico na súa producción científica que é difícil atopar unha área das matemáticas ou da física  na que non xogara un papel fundamental; a revista da Academia de San Petesburgo inda estaba publicando artigos atrasados seus 48 anos despois da súa morte.

IMAXES SOBRE EULER

[DOG Anterior]

VOLVER