BARICENTRO

Unha mediana nun triángulo é o segmento que une un vértice co punto medio do lado oposto (ou recta que pasa por un vértice e polo punto medio do lado oposto).
As tres medianas córtanse nun punto, G, que se denomina BARICENTRO do triángulo. Este punto é o centro de gravidade do triángulo e, polo tanto, ten un significado importante en física. Arquímedes fixo un estudio deste punto na proposición 13 do primeiro libro Sobre o equilibrio dos planos.

É moi importante observar que CG=2GP, AG=2GO e BG=2GR.

Arquímedes de Siracusa.(287-212 a. Xto.)

[DOG Anterior]

VOLVER