TEOREMA DE TALES.

   As dúas parellas de triángulos que representamos nos presentes gráficos cumpren as propiedades de ter un vértice común e ademais os lados opostos a ese vértice son paralelos. Dise que son triángulos en posición de Tales.

   Un resultado moi famoso en matemáticas, coñecido baixo o nome de Teorema de Tales, resúmese así:

   Toda recta paralela a un lado dun triángulo, que corta ós outros dous lados determina un triángulo pequeno semellante ó grande. Ou tamén, os segmentos determinados por rectas paralelas en dúas recta que se corten, son proporcionais. É dicir:

OA'/A'A = OB'/B'B.

[DOG Anterior]

VOLVER

TALES