TEOREMA DE PITÁGORAS.

Un dos resultados máis coñecidos das matemáticas é, sen dúbida, o Teorema de Pitágoras. Esta popularidade fai que apareza frecuentemente en diferentes contextos: logotipos, exposicións, concursos de matemáticas,... e mesmo selos de correos. Na Casa das Ciencias da Coruña existe un recuncho dedicado a este teorema, anque pasa desapercibido para a maioría dos visitantes.
   O teorema afirma o seguinte: A área do cadrado construído sobre a hipotenusa dun triángulo rectángulo, coincide coa suma das áreas dos cadrados construídos sobre os dous catetos. Na actualidade están rexistradas máis de 350 demostracións deste resultado.
   Sen embargo, é moi probable que o famoso teorema sexa un resultado anterior a Pitágoras e el soamente fixera unha recollida de coñecementos máis antigos. Séculos antes de que nacese Pitágoras os arquitectos e agrimensores de Exipto utilizaban triángulos rectángulos para desenvolve-lo seu traballo.

 

PITAGORAS

[DOG Anterior]

VOLVER