TALES.

IMAXES SOBRE TALES

Tales naceu arredor do ano 624 antes de Xesucristo, en Mileto, e morreu arredor do ano 547.

Parece ser o primeiro filósofo grego coñecido pero tamén foi estadista, enxeñeiro, astrónomo, matemático e comerciante. Podemos estar seguros de que foi un home moi intelixente. Cónsidérase o primeiro dos sete sabios de Grecia.

Tales é considerado como o primeiro matemático autentico, é dicir, o pai da organización deductiva da xeometría.

Viviu algún tempo en Exipto o que lle permitiu coñece-las matemáticas e a astronomía exipcias. Arredor do ano 600 calculou a altura da Gran Pirámide, facendo a medición da súa sombra e establecendo unha proporción coa medida do seu propio bastón e a da sombra proxectada por este.

De tales cóntanse moitas anécdotas como a medida da distancia dun barco á costa, a predicción da eclipse do ano 585 antes de Xto., ou a curiosidade de que comprase tódalas prensas do seu pobo ante a estimación dunha grade colleita de olivas.

[DOG Anterior]

VOLVER

IMAXES SOBRE TALES