CLASIFICACIÓN SEGUNDO OS ÁNGULOS

 

   Cando clasificámolos triángulos fixándonos nos seus ángulos, agrupámolos en tres familias:

RECTÁNGULOS:

Son os triángulos que teñen un ángulo recto.

ACUTÁNGULOS:

Triángulos cos tres ángulos agudos.

OBTUSÁNGULOS:

Aqueles triángulos que teñen un ángulo obtuso.

 

    Unha propiedade moi importante, que se cumpre en calquera triángulo, é que o resultado da suma das medidas dos seus tres ángulos é sempre 180º.

    O debuxo da dereita pretende ser unha demostración gráfica desta afirmación.

 

    Os triángulos que teñen un ángulo recto, é dicir, os triángulos rectángulos, son uns triángulos moi especiais. Os lados perpendículares reciben o nome de catetos (cateto significa en grego o que cae perpendicularmente); o lado máis grande chámase hipotenusa (que vén a significar tensar por embaixo).

    Un dos resultados máis famosos das matemáticas, o teorema de Pitágoras, ten ós triángulos rectángulos como protagonistas.

TEOREMA DE PITÁGORAS.

[DOG Anterior]

VOLVER