Estás a piques de entrar nun sitio de contidos matemáticos. É probable que ó darche esta información trates de fuxir de aquí. Sen embargo debes reparar en dúas cousas: Por un lado, ten en conta que, neste océano no que andas navegando, existen mares moito máis perigosos. Por outra parte, non esquezas as verbas de Galileo: As matemáticas son o alfabeto co que Deus escribiu o Universo.

    Neste lugar imos falar da figura xeométrica de aparencia máis sinxela: O triángulo. Non penses que por ser este un  polígono de soamente tres lados, é por iso unha figura anódina. O triángulo está presente habitualmente, de maneira moi importante, na nosa vida cotiá; mira ó teu arredor: pontes, torres dos tendidos eléctricos, grúas, infinidade de estructuras metálicas,...

    Debes ser consciente de que a información que aparece aquí é unha pequenísima referencia ó que podería escribirse sobre o tema, ¡pero por alga hai que empezar!

    Propoñamos a primeira cuestión: ¿É posible formar un triángulo con calquera tres segmentos?

[DOG Anterior]

[Taboa de Contidos Anual]

[Siguiente DOG]

Autor

ARRIBA

ENTRAR