INVESTIGACIÓNS_2
Xeometría
 

INVESTIGACIÓNS CON TRIÁNGULOS
As cuestións que se propoñen agora céntranse arredor de triángulos. Cando as remates, deberás ter claros aspectos como: concepto de perímetro e área, clasificación de triángulos utilizando un ou dous criterios,...

Para desenvolver esta actividade, o teu profesor ou profesora debe facilitarche unha ficha na que se detallen as cuestións propostas e follas con tramas para que poidas tomar notas das conclusións acadadas.

Toma nota de todas as conclusións ás que chegues.

Debes ser sistemático nas túas anotacións.

Presta atención ós criterios de clasificación.

Coida a presentación.

Redacta un informe para o teu profesor e arquívao no caderno de aula.

 

       
           
  Santiago López Arca.
 
© Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Año 2002