INVESTIGACIÓNS_1
Xeometría
 

INVESTIGACIÓNS CON SEGMENTOS
Propóñense a seguir, unha serie de cuestións que teñen que ver con segmentos nos que os extremos están en puntos de tramas de orde 3, 4 e 5.

Para desenvolver esta actividade, o teu profesor ou profesora debe facilitarche unha ficha na que se detallen as cuestións propostas e follas con tramas para que poidas tomar notas das conclusións acadadas.

Toma nota de todas as conclusións ás que chegues.

Debes ser sistemático nas túas anotacións.

Coida a presentación.

Redacta un informe para o teu profesor e arquívao no caderno de aula.


       
           
  Santiago López Arca.
 
© Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Año 2002