HÓRREOS NA CORUÑA

Feáns
Principal Situación Enlaces Feáns Mesoiro Vío

 

Feáns_1940

Vista parcial de Feáns - Ano 1940

Feáns-actualidade

A mesma vista hoxendía

                                        

horreo1feans horreo2feans

Balagustos de madeira, e o resto da estructura de pedra.
Tella plana. Pés rectangulares con tornarratos. Estado de conservación aceptable.

Non sufriu reformas que alterasen a estructura   orixinal. Carece de adornos. Segue a usarse.

Reformado utilizando materiais non propios nin tradicionais do país: bodega de bloque e laterais de ladrillo.
Tella do país. Usábano hai tempo para conserva-la broa fresca e tamén xamóns e cebolas.

ablrule

 

 

horreo3feans

 

horreo4feans
De madeira, con pés rectangulares de pedra e tornarratos. Aínda que o estado de conservación é deficiente, segue a utilizarse para conserva-lo millo.

 

Das mesmas características que o anterior, pero en mellores condicións. Ten unha pomba de adorno. Tella do país. Pés de cemento, reformados. Orientado cara o nacente.