HÓRREOS NA CORUÑA

ARQUITECTURA POPULAR
Principal Situación Enlaces Feáns Mesoiro Vío

 

 

Inventario e características de hórreos na área sudoccidental do concello de A Coruña.

Hai tres localizacións nas que se encontra un grande número de hórreos.

Contabilizamos unha cifra de preto de cen.

O estado de conservación é aceptable en xeral. Á maioría deles engadíronselles elementos, como bodegas para gardar todo tipo de apeiros, ou substituíronse por outros, como cemento ou ladrillo.

Os tellados varían entre tella do país, tella plana, pizarra, laxas de pedra.

Os materiais de construcción son a pedra e a madeira, nalgúns casos, mistúranse ambos.

O de maior tamaño tén seis pes, unha lonxitude de dez metros e unha anchura de dous. É de pedra na súa totalidade. Está en bo estado de conservación e ubícase en Vío (preto do pol. de Pocomaco).

Entre as curiosidades, dous deles teñen no cumio un reloxio de sol.

Os balagustos (travesas) laterais están dispostas indistintamente en sentido vertical ( o máis corrente) ou horizontal.

ablrule

Se vostede quere facer algunha aportación ou suxerencia, fágao no seguinte formulario.

 

ablrule

Se quere contactar connosco por teléfono/fax ou carta, diríxase a: 

Profesores do CEIP MANUEL MURGUÍA,  Feáns (15190 A Coruña). Teléf./fax 981 29 12 19