COMARCA DO BAIXO MIÑO


 
Situación:
 Todo o tramo que serve de fronteira con Portugal, concellos da Guarda, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza e Padrenda. Ten unha extensión de 2.792 ha.

Descrición: 
Até a cidade episcopal de Tui, a 30 km da desembocadura do Miño, déixanse notar os efectos das mareas. A horizontalidade do terreo permite a existencia de pradeiras nun cauce navegable, con illas como a de Goián ou Illa Canosa. Augas arriba o río estréitase entre penedos e pesqueiras construidas polo home para a pesca da lamprea. A zona ofrece itinerarios moi variados como a subida ó castro de Santa Tegra (A Guarda), os 36 muíños do Folón (O Rosal), observatorios ornitolóxicos e unha chea de miradoiros naturais. (Ver tamén Monte Aloia). É un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves acuáticas.