COMARCA ULLA-DEZA

  

   Esta bisbarra abrangue os seguintes concellos:
 Concellos de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga, Vila de Cruces, Boqueixón, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Touro e Vedra. Ten unha  extensión de 1.153 ha.
 
Accesos:
  Desembocadura, dende Padrón a Catoira. Tramos medios, dende A Ponte Ulla ou Bandeira na N-525. En Bandeira, desvío a Merza pola PO-204. Entre estas dúas localidades, a fervenza do Toxa.


Descrición:
  Por lonxitude, o Ulla é o terceiro río galego despois do Miño e mailo Sil. Até o esteiro na ría de Arousa convértese nun variado corredor natural que recibe as achegas dunha mesta rede fluvial de afluentes como o Sar, cantado por Rosalía de Castro, e o Deza. Precisamente, nun dos tributarios deste último localízase a fervenza do río Toxa.
 Un fermoso traxecto a pé enlaza o cadoiro deste río, no lugar de Pazos, co mosteiro de Carboeiro. A dureza da pedra que aflora neste sitio provoca unha das caídas de auga máis espectaculares de Galicia cunha orballeira decote no ambiente. Entre todo o verde, o musgo non engana. Se a auga é a vida, a fervenza representa no Toxa a alegría de vivir.
 
 FLORA: Freixos (Fraxinus angustifolia), ameneiros (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix atrocinerea), sanguiño (Fragula alnus), sabugueiro (Sambucus nigra) e outras especies de ribeira.
 FAUNA: Na desembocadura, aves raras como a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus), rascón de auga (Rallus aquaticus) e outros. Peixes como salmón (Salmo salar), escalo (Chondrostoma polylepis)...