CANÓN DO SIL
               
    PINCHA NA IMAXE E COÑECE ALGÚNS ANIMAIS E PLANTAS DO CANÓN DO SIL



 O Canón do Sil, recibe tamén o nome de Ribeira Sacra e constitue unha  fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense, antes de desmbocar no río Miño.

  É un lugar de importancia comunitaria  e o seu nome fai referencia ó carácter sagrado da súa ribeira, ateigada de ermidas, capelas, igrexas e mosteiros.

 
A singular orografía deste espacio natural de mais de 16.000 has. resulta do forte desnivel existente entre as augas do Sil nos Peares (109m.) e a altura máxima da Pena do Xastre (1.014m.). Canto á súa xeoloxía, o Canón ten unha orixe meramente tectónica e non fluvial. No cuaternario, ao comezar o basculamento da peniplanicie, producíronse fracturas que racharon o terreno en bloques xigantescos, formando así o cauce polo que decorre o río Sil, con profundos canóns que chegan ós 500 metros de profundidade.


FLORA:
Reductos de especies tipicamente mediterráneas de invernos suaves e veráns secos. Sobreiras, (Quercus suber), érbedos, (Arbutus unedo). Cultivos de vides, (Vitis vinifera) e variedades de uva autóctona. Bosques de castiñeiros (Castanea sativa), madroños e carballos (Quercus robur e Q. Pyrenaica).

FAUNA:  Aves como a aguia real , (Aquila chrysaetos) e o falcón peregrino (Falco peregrinus). xabarín (Sus escofra), corzo (Capreolus capreolus), porco teixo (Meles meles) e a cobra de collar.