
|
O Courel
é a gran reserva verde de Galicia. Case tódalas especies,
agás
as litorais, teñen representación aquí. Ó
cruce
xeográfico e climático entre o Atlántico e o
Mediterráneo únese o
elemento montañoso que permitiu, na súa inaccesibilidade,
a pervivencia
dos bosques autóctonos.
Nestas paraxes conflúen as provincias de Lugo e Ourense coa
comarca leonesa do Bierzo. As ribeiras dos ríos Lor e
Lóuzara, Selmo e
Sondón fican entaladas en vales profundos onde se asentan os
núcleos de
poboación, hoxe en día, máis avellentados de
Europa.
Outra das formacións boscosas típicas do Courel son
as
devesas, nome
empregado
para referirse ás fragas de carballo, faias, teixos, bidueiros e
acivros, xeneralmente nas cabeceiras dos ríos. A máis
famosa é a Devesa
da Rogueira, tanto por extensión e cantidade de especies coma
polos
xogos da auga. Fontes e montes que pola conta dos xeólogos
veñen sendo
unha das terras máis vellas da península.
FLORA: Cumes adscritos ós piornais. Bosques nas
altitudes medias de carballo (Quercus robur,
Q. pyrenaica e carballo albar ou carbas: Q. petraea), bidueiro (Betula
alba), faia (Fagus sylvatica).
Monte baixo de uces (Erica australis) e xesteira (Genista spp.).
FAUNA: Grandes depredadores: lobo (Canis lupus), bufo real
(Bubo bubo) e felinos como o gato
bravo (Felis sylvestris). Xabarín (Sus escrofa).
|