LAGOA DO REI 

             PINCHA NA IMAXE E COÑECE ALGUNS ANIMAIS E PLANTAS DA LAGOA DO REI


 Espazo natural en réxime de protección.
 
 Situada nunha discreta parcela ás aforas de Rábade.

 
 No concello de Rábade, 13 kilómetros ao norte da cidade de Lugo, entre a zona industrial e maila escolar da vila de Rábade, atópase a lagoa do Rei, unha charca que conta cun pequeno illote, árbores como bidueiros e salgueiros e xunqueiras nas zonas asolagadas. É un bo lugar para a observación dun rico ecosistema (provisto dunha caseta-mirador, adaptada para minusválidos), integrado por gran variedade de aves nidificantes e invernantes (principalmente anátidas), peixes, anfibios e reptis.


 Conta co obsevatorio ornitolóxico.

FLORA:  xunqueiras e ripisilvas de bidueiro, (Betula celtiberica) e salgueiro, (Salix atrocinerea).

FAUNA: Fauna acuática como as anátidas e outras aves nidificantes ou invernantes. Mamíferos como o rato de almiscre, (Galemys pyrenaicus), o murgaño, (Neomys anomalus), londras, (Lutra), cegoñas, (Ciconia) e ra verde, (Hyla).