ORTEGAL

sígueme


Fai clic na foto para coñecer os animais e plantas da zona.

Ortigueira
No Cabo Ortegal e nas rías de Ortigueira e Ladrido non un río principal xa que existen ata seis cauces que desaugan nela e todos forman un labirinto de entradas de mar con areais. Comprende un gran sistema húmido cercano ás serras da Coriscada e da Capelada. Cara o Cantábrico as rías remánsanse completamente nas enseadas que contan con recunchos ideais como observatorios da vida silvestre.
 Existe un interesante roteiro pola praia de Morouzos. O areal ocupa cinco quilómetros de lonxitude e un sistema dunar ben conservado. Ademais, o espacio natural amplíase no LIC cos ecosistemas fluviais do río Mera que neste treito conta con boas áreas de lecer como a pequena illa na súa desembocadura. A zona presenta un importante patrimonio cultural: muíños de auga (Saa, Senra), de marea (Cuíña) ou de vento (Campo da Torre, Santa Marta de Ortigueira); castros e pazos.