COSTA DA MORTE

sígueme

Clica na foto de Fisterra para coñecer os animais e plantas da zona.

Fisterra A  Costa da Morte abrangue os concellos de Arteixo, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
A denominación "Costa da Morte" ven debido a máis de 150 traxedias marítimas no último século.
E "Fisterra" provén do latín  Finis Terrae (o que deberon exclamar as lexións romanas ó contemplaren o afundimento do sol nesta zona) , onde a mitoloxía grega situaba o país dos mortos. Ademáis Fisterra é a fin de moitos camiños, incluído o de Santiago. Ata aquí se prolonga a viaxe para cumpri-los últimos ritos da peregrinaxe.
A Costa da Morte ocupa a fachada litoral dende as proximidades da cidade da Coruña ata o cabo Fisterra. Contén as rías de Camariñas, a de Corme-Laxe e a de Lires; e, sobre todo, cantís abruptos nas puntas que delimitan unha sucesión de enseadas abertas ó océano. A riqueza medioambiental cífrase nos humidais (marismas e areais de Baldaio e a lagoa de Traba), praias salvaxes (Balarés en Ponteceso, O Trece en Camariñas, Mar de Fóra en Fisterra e Rostro en Cee); as illas Sisargas fronte o cabo San Adrián e outras puntas como o Roncudo, Punta da Voitra ou cabo Vilán. A competencia polo título de extremo máis occidental dirímese entre cabo Touriñán e Fisterra, pero parece ser que queda a medio camiño dos dous, no da Nave.