A FRAGA DO EUME


sígueme


Fai clic na foto do río Eume para coñecer os animais e plantas da zona

A Fraga do Eume A Fraga do Eume abarca os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez e ten unha extensión  de 9.126 ha. 
O río Eume con cerca de 100 km. lonxitude vai dende o límite provincial da Coruña e Lugo ata a desembocadura na ría de Ares. É un dos últimos bosques atlánticos que conserva o manto vexetal autóctono.
Carballos e máis castiñeiros manifestan as diferentes tonalidades das estacións, chéganse a pintar bosques de cores dentro da fraga, completada con loureiros, érbedos ou acivros.
 O ambiente é de abigarrada selva, tanto que se nos sorprende unha chaparrada de verán tardará en mollarnos embaixo do paraugas das follas. As ladeiras inclinadas só permiten o acceso seguindo o curso do río a través do couto pesqueiro de Ombre, a penas a dez quilómetros de Pontedeume. En xeral está considerado un moi bo treito de pesca fluvial.
 A excursión máis recomendable é chegar, pé en terra, ó mosteiro de Caaveiro que, dende un outeiro, permite ter unha panorámica de conxunto. As ruínas do mosteiro benedictino, o máis antigo en Galicia do que se conservan mencións, son todo un escenario sacado dun cadro romántico. Non sería difícil comprender a historia que sitúa a Lord Byron fascinado por esta paraxe.